Mabel Lozano foto

MABEL LOZANO

Produtora, guionista e directora de cine cun alto compromiso social. O seu cine céntrase na figura da muller e os dereitos humanos. O seu último proxecto é “El proxeneta”, un documental baseado na historia real dun home que se dedicou durante anos ó negocio da explotación de mulleres e que chegou a traficar con máis de 1700.

Amelia Tiganus foto

AMELIA TIGANUS

Vítima de trata sexual desde que era menor de idade, hai mais de dez anos que conseguiu saír do sistema  prostitucional e agora loita en pos do abolicionismo desde unha perspectiva feminista, a mesma que lle axudou a liberarse, a descubrir que a culpa non era súa, considerándose unha supervivente desa realidade.

Soledad Muruaga foto

SOLEDAD MURUAGA 

Profesora, psicóloga clínica e sexóloga feminista, especialista en psicoterapia. Experta en saúde das mulleres. Directora e cofundadora do “espazo de saúde entre nós” e socia-fundadora da Asociación de Mulleres para a saúde de Madrid. Actualmente é profesora do curso de posgrao sobre violencia de xénero e saúde da muller e dos cursos impartidos na escola ESEN.

Aixa Permuy foto

AIXA PERMUY

Educadora social, pedagoga e investigadora do Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Formadora experta en educación emocional e educación para a igualdade de oportunidades.

Jorge García foto

JORGE GARCÍA MARÍN

Sociólogo, profesor do Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente é secretario do centro Interdisciplinario de Estudos e Investigacións Feministas da USC. Os seus puntos de interese con respecto as temáticas de xénero son as masculinidades, mass media, redes sociais e relatos publicitarios e fílmicos.

 

Ana Torres foto

ANA TORRES JACK

Orientadora educativa de ensino secundario e colaboradora do xornal La Voz de Galicia. É creadora da sección web “Os fillos: instrucións de uso” dentro da canle educativa da Fundación Barrié, na que publicou series monográficas dedicadas ó desenvolvemento físico, emocional e intelectual na infancia e adolescencia, entre outros temas. É autora do libro “Máis alá do azul e do rosa. Como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia“.

Martina González foto

MARTINA GONZÁLEZ 

Psicóloga xeral sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parella. Especialista en Intervención e Acompañamento Psicolóxico en Diversidade Sexual e de Xénero. Técnica en Animación Sociocultural e divulgadora científica. É fundadora e directora do Centro de Sexoloxía con mucho gusto! e colabora habitualmente en medios de comunicación.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usabilidade. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies